Son Iago de Sant, director creativo inmersivo. O meu traballo nace de algo moi sinxelo: poñer as persoas no centro das historias, fuxindo de tecnoloxías innecesarias para priorizar sempre o contacto real.
Creo filmersións onde o teatro e o cinema se mesturan coa vida. Busco elevar a túa marca con creatividade e innovación, transformando cada proxecto nunha experiencia artística, sensible e humana.
Non fago proxectos para encher salas: fago proxectos para moverche o chan. Gústame tensar a realidade até que a ficción respire ao teu lado. A inmersión é un encontro inesperado que che cambia o pulso.
Traballo aí, nese lugar onde a historia deixa de mirarte desde fóra e comeza a che borboriñar ao ouvido. Combino cámara, presenza, intuición e alma coma quen mestura aire, terra, lume e auga.
Son un cineasta que crea experiencias inmersivas usando a IA e a cámara como ferramentas. A xente que traballou comigo valórame así:
euson@iagodesant.com